a terra

A área xeográfica que engloba a IXP comprende unha serie de vales encaixados entre montañas (entre eles o de Lourenzá) que discorren dirección Norte-Sur, con solos ricos, profundos, ben drenados e de texturas medias.

O seu clima está moi influenciado pola súa peculiar orografía e a súa proximidade ao mar, caracterizándose por veráns de temperaturas moi suaves e escasas oscilacións térmicas.

O clima é un factor moi importante na produción da faba, incide na calidade final do produto e proporciónalle características moi definitorias, como a suavidade da pel e un desenvolvemento homoxéneo das sementes.

historia

En numerosos estudos atópanse referencias históricas do cultivo das fabas en Galicia, nos que se mostran a importancia do devandito cultivo na alimentación e nas transaccións comerciais de distintas épocas.

Existen datos da celebración de feiras xa no ano 1774 no Val de Lourenzá, onde se presentaban fabas.

É a partir do ano 1960 cando se produce un gran incremento da sementeira e produción de fabas na Mariña Luguesa, sobre todo no termo municipal de Vilanova de Lourenzá, alcanzando unha gran calidade, o que fixo que adquirise un gran recoñecemento nos mercados e entre os consumidores. Así, na actualidade, as fabas desa zona son coñecidas no mercado como "Fabas de Lourenzá".

Existen festas de exaltación do produto en toda a zona, cabe destacar a "Festa da Faba de Lourenzá", que se celebra no primeiro fin de semana de outubro desde o ano 1991. Esta festa foi declarada de interese turístico en 2001 pola Xunta de Galicia.

Localización en Europa

ámbito xeográfico

A área de produción do produto amparado pola indicación xeográfica protexida abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo coñecido como A Mariña Lucense, comarca natural dividida administrativamente en tres comarcas: A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental.

Comprende os municipios de: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Localización en Galicia
Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia