Faba de Lourenzá con escabeche de xarda

ingredientes

500 g de IXP Faba de Lourenzá

3 xardas

2 cebolas

1 tomate

1 cabeza de allo

Perexil

Tomiño

Romeu

250 ml de viño branco DO Rías Baixas

250 ml de vinagre

Aove de Artesanía Alimentaria

Sal

Pementa en gran

elaboración

Poñemos a cocer nunha pota a Faba de Lourenzá de indicación xeográfica protexida xunto cunha das cebolas e o tomate. Deixámola ata que a Faba de Lourenzá estea totalmente cocida. Retiramos a cebola e o tomate, triturámolos con un pouco do caldo da Faba, devolvémolos á pota e reservamos.

Partimos a cabeza do allo en dúas metades e deixámolo dourar nunha tixola con abundante AOVE de Artesanía Alimentaria. Engadimos a cebola cortada en tiras. Fritimos a lume forte e cando estea dourada, retiramos a tixola do lume e engadimos o tomiño, o romeu, o viño branco DO Rías Baixas e mailo vinagre, sazonamos co pemento doce moído ao gusto. Levamos a mistura a ebulición a lume medio e deixámolo reducir.

Colocamos os filetes de xarda coa pel cara arriba. Cando ferva, retiramos do lume e reservamos.

Nun prato sopeiro, facemos una base coas Fabas de Lourenzá de IXP e un pouco do caldo da cocción. Poñemos os lomos coa pel cara arriba e aliñamos co escabeche decorando con perexil picado.

Receita: Xulio Mato

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia