Estufado de polo campeiro, Faba de Lourenzá e castañas

ingredientes

500 g de IXP Faba de Lourenzá

1 polo campeiro separado en partes

150 g de IXP Castaña de Galicia

20 g de carne de pemento chouriceiro

1 cebola

2 dentes de allo

½ pemento vermello

½ pemento verde

1 folla de loureiro

AOVE de Artesanía Alimentaria

Viño branco DO Rías Baixas

Brandy

Vinagre branco

elaboración

Cocemos as Faba de Lourenzá de indicación xeográfica protexida nunha pota ata que estea case cocida e reservamos.

Nunha pota, marcamos os pedazos de polo campeiro dourándoos ben. Retirámolos e reservámolos.

Na pota que empregamos para dourar o polo campeiro, botamos o allo ben picado. Cando comece a dourar metemos a cebola, os pementos e o loureiro. Deixámolos fitir a lume lento e engadimos de novo o polo campeiro. Engadimos o brandy e deixamos que reduza. Despois votamos o viño branco DO Rías Baixas e volvemos deixar que reduza. Regamos a mistura con auga e deixamos que se cociñe tapado.

Ós 15 minutos de cocción aproximadamente, engadimos a Castaña de Galicia de IXP e maila IXP Faba de Lourenzá escorrida. Deixámos cocer durante 15 minutos.

Nunha tixola, fritimos unas rebandas de pan. Unha vez fritas, introducímolas nun morteiro xunto co pemento chouriceiro e misturamos ata facer una pasta, que incorporaremos ó guiso, deixando que se integre un par de minutos.

Retiramos a pota do lume e deixámola repousar 5 minutos.

Empratamos e decoramos con ceboliño.

Receita: Xulio Mato

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia