certificación
O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (ingacal) é o organismo encargado de controlar e certificar o produto.
As distintas presentacións dos produtos amparados pola indicación xeográfica protexida levarán unha etiqueta numerada, que será controlada, fornecida e expedida polo órgano de control, de acordo coas normas establecidas.
Para a comprobación do cumprimento dos preceptos do prego de condicións e demais normas de aplicación, o órgano de control contará cos rexistros baseados en inspeccións de plantacións, almacéns e instalacións; revisión de documentación e análises organolépticos e, no seu caso, físico-químicos, da materia prima e do produto envasado.
Regulamento da IXP