• Flor faba de Lourenzá
  • Planta de Faba de Lourenzá
  • Plantación de faba de Lourenzá
  • Fabas de Lourenzá
  • Cesta de Fabas de Lourenzá
  • Plato de Faba Lourenzá

a faba

A Faba de Lourenzá é un alimento de calidade excepcional. O seu proceso controlado de sementeira, cultivo, recolección e almacenado fai que obteñamos un produto de textura e sabor únicos.

Introdúcea na túa cociña e converterás os teus pratos tradicionais e de vangarda, en receitas de alta cociña, gozando ademais de tódolos beneficios que achega á túa saúde.

SABER MÁIS

a terra

As peculiares condicións climáticas e xeográficas da zona da Mariña Lucense son fundamentais na calidade da Faba de Lourenzá.

Solos ricos e clima sen grandes oscilacións conseguen un produto homoxéneo e de textura suave, mentres que a longa tradición do seu cultivo nesta zona, fai que a faba siga uns procesos de produción totalmente controlados. Estes dous factores fan que a Faba de Lourenzá conseguise unha notable e merecida fama entre os consumidores.

SABER MÁIS

a ixp

Os produtos amparados baixo a indicación xeográfica protexida (IXP) Faba de Lourenzá cumpren os rigorosos controis de calidade establecidos polo órgano regulador.

A Faba de Lourenzá sempre ten que ir envasada coa correspondente etiqueta, nunca a granel. O selo co número de control é a garantía de que o produto seguiu todos os estándares de produción e proporciona trazabilidade ao proceso.

SABER MÁIS
Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia